Asociación de Nais e Pais

Colexio María Auxiliadora – Salesianos – Vigo

ÚLTIMAS NOVAS

""

Que facemos?

Aínda que a faceta máis coñecida da ANPA é a organización de festas, facemos moito máis.

Somos pais e nais comprometidos coa educación dos nosos fillos. Participamos na xestión do centro e contribuimos á mellora do colexio.

Tratamos de realizar unha xestión económica austera, con rigor e transparencia.

Dispoñemos dun presuposto anual e unha contabilidade. Estas dúas feramentas permiten a súa aprobación en Asemblea e están ao dispor dos asociados nesta web.

A comunicación é un dos retos máis importantes que se nos plantexa á ANPA.

Tratamos de establecer unha adecuada comunicación a través de circulares, blog, correo electrónico, carteis, etc.

A ANPA é unha organización que canaliza a participación das nais e pais, polo cal a coordinación dos voluntarios e colaboradores, é fundamental, á hora de poder cumplir coa nosa misión.

Actividades educativas

Promovemos e apoiamos proxectos en colaboración co Colexio, a Asociación Xuvenil Abertal e o Clube Deportivo en relación ás actividades complementarias, as actividades de ocio e tempo libre e as actividades deportivas.

Organizamos actividades de todo tipo que teñen como obxectivos previr, sensibilizar e educar en valores aos alumnos, como é a actividade “Yo soy Yo”.

""
""
""

Apoio ás familias.

A ANPA:

Organiza directamente proxectos

que fomentan a colaboración entre os diferentes integrantes da comunidade educativa, coma o banco de chándales e o banco de libros.

Promove e apoia proxectos

en colaboración coa Asociación Xuvenil Abertal e o Colexio que complementen a educación dos nosos fillos e fillas e favorezan a conciliación da vida laboral e familiar, como son actividades extracolares, e os programas de “Mañáns de Lecer”, que se desenvolven en Nadal, Entroido, Semana Santa, verán e setembro.

Programación de actividades de fomento da lectura e dinamización da biblioteca.

Nun traballo conxunto coa Biblioteca do Centro.

Xestión do FONDO DE AXUDA SOCIAL

coma un servizo de axuda mutua e solidaria co obxecto de garantir a continuidade do alumnado nos casos nos que o falecemento do pai, nai ou titor, provoque un trastorno económico na unidade familiar que imposibilitara facer frente aos gastos escolares.

Talleres de familias

onde as nais e pais podan mellorar e compartir as súas habilidades e competencias na educación dos seus fillos e fillas.