""

FESTAS 🎉

A ANPA colabora co colexio na organización das festas. Normalmente participamos no Magosto, na festa de Nadal, en Don Bosco (xaneiro), Entroido e María Auxiliadora (maio).

Para nós as festas convírtense nun punto de encontro dos integrantes da comunidade educativa e nun espazo onde se promove a participación de todos.

Actividades educativas 🏫

Promovemos e apoiamos proxectos en colaboración co Colexio, a Asociación Xuvenil Abertal e o Clube Deportivo en relación ás actividades complementarias, a actividades de ocio e tempo libre e a actividades deportivas.

Organizamos actividades de todo tipo que teñen como obxectivos previr, sensibilizar e educar en valores aos alumnos, como é a actividade “Eu son Eu”.

""
""
""

INCIDENCIA EDUCATIVA

A ANPA apoia e informa

ás familias do alumnado do Colexio Salesianos de Vigo.

Traballamos para que exista un bo clima de convivencia

Promove relacións de colaboración entre os pais e tamén entre os alumnos e outros membros da comunidade educativa: profesores, persoal non docente, equipo directivo, Abertal e Clubes deportivos.

Colaboramos con toda a comunidade educativa e o Equipo Directivo

na solución dos problemas e necesidades do colexio, participando na xestión do centro a través da sua representante no Consello Escolar.

Representamos e defendemos os intereses dos pais e nais

do alumnado do centro. Recolle as suas opinións, suxerencias e propostas, e as traslada seguindo as canles previstas.

Formamos parte do Consello Escolar

órgano de goberno do colexio no que se toman moitas das decisión que afectan á educación dos nosos fillos e fillas e á organización do centro. A través da súa representante, informa ao Consello sobre os aspectos da marcha do centro que estima oportunos, eleva propostas para a eleboración do proxecto educativo e da programación xeral anual, participa nas suas deliberacións e votacións, recaba información sobre os resultados académicos e sobre a valoración que o Consello fai dos mesmos, etc. Tamén facilita a representación e participación dos pais no Consello Escolar.

Facemos un seguimento do funcionamento do colexio e os seus servizos

(comedor, actividades extraescolares, instalacións, etc.), persigue e propón melloras, velando para que no noso centro se cumplan as condicións dunha educación de calidade e canalizando as inquedanzas dos pais e nais dos alumnos.