Fondo de axuda social

A iniciativa da ANPA do colexio constituíuse como un FONDO DE AXUDA SOCIAL (FAS), como un servizo de axuda mutua e solidaria entre os membros da asociación, co obxecto de cubrir a continuidade do alumnado nos casos de que o  falecemento do pai, nai ou titor, ocasione un trastorno económico en a  unidade familiar que dificulte a asunción dos gastos escolares

Todos os anos, xunto coa cota do ANPA, os membros que así o desexen abonan a cota para o FAS. A Xunta Directiva fai públicos na Asemblea da ANPA a información acerca da xestión do devandito fondo.

""