Persoas colaboradoras

""

Na ANPA contamos cun grupo de nais e pais que colaboran coa asociación de forma desinteresada. A súa axuda e entusiasmo fan posible que os nosos fillos e fillas poidan gozar no colexio dunha maior oferta de actividades

A nosa asociación é pluralista e cada persoa ten opinións diferentes, ideas propias e formas distintas de ver as cousas. De feito, esta diversidade enriquécenos e fai que exista un debate interno que consideramos moi positivo. Únenos o noso interese en contribuír á mellora do colexio dos nosos fillos e fillas e de participar na súa educación.

Hai colaboradores que poden implicarse máis e axúdannos no día a día. Outros teñen menos dispoñibilidade, pero bótannos unha man en momentos concretos nos que necesitamos reforzos, como nas festas.

Que poderiamos facer con máis voluntarios?

  • Organizar un bo sistema de banco de libros de texto dun curso a outro..
    Negociar con comercios descontos e condicións vantaxosas para os asociados.
  • Organizar excursións e actividades lúdicas para alumnos e familia.
  • Organizar novas actividades complementarias para os alumnos, culturais ou científicas, como exposicións, concursos ou certames.
  • E outras moitas cousas máis!
""

Como podo participar?

""

• Asiste ás asembleas do ANPA que se convoquen.

• Comunícanos as túas inquietudes sobre o colexio, pero tamén as túas suxerencias e ideas sobre as nosas actividades. Moitas cousas que facemos poden mellorarse e sabémolo, pero somos un equipo pequeno e facemos o que podemos cos medios que temos, compatibilizando a nosa colaboración na ANPA coa nosa vida laboral e o coidado dos nosos fillos e fillas.

• Apúntate como colaborador para axudar nas actividades que se organicen e corre a voz para convencer a outros pais e nais sobre o que podemos conseguir entre todos se cada un arrimamos un pouquiño o ombreiro. Anímate, necesitamos voluntari@s!

• Coñeces a alguén que poida achegar algo positivo para a educación dos nosos fillos e fillas? Alguén con algún talento especial que pode facer unha demostración aos alumnos? Algún contacto nalgún sitio de interese para organizar unha visita? Algún contacto nalgunha empresa ou institución que poida realizar unha doazón ao colexio ou achegar fondos para algunha actividade? Cóntanolo e tentaremos aproveitalo.