""

Quen somos?

A ANPA formámola nais, pais ou titores de alumnos e alumnas que estudan no colexio.

Tódalas nais e pais do alumnado do colexio que o desexen son benvidos á asociación. Para elo, chega con cumprimentar un formulario de inscrición e aboar a cota anual.

A Xunta encárgase de levar adiante os acordos alcanzados na Asemblea e da xestión diaria da Asociación. Tódolos membros da Xunta Directiva son pais e nais voluntarios, que de xeito desinteresado colaboran na Asociación. Ningún cargo é retribuido.

Colaboradores/as

Ademais, outros pais e nais nos axudan na realización dos eventos organizados, coma festas, actividades socioculturais, banco de chándales, banco de libros, etc.

Sin a súa colaboración non sería posible desenvolvelos.

¡Moitas grazas! 😊

Se queres botar unha man nas actividades da asociación, eres benvido/a. ¡Anímate, necesitamos voluntarios!

""
""

Estatutos

A Asociación réxese por uns Estatutos, que foron aprobados por Asemblea Xeral.

Os Estatutos recollen as finalidades da Asociación, a composición e funcionamento dos seus órganos de goberno, o procedemento de admisión dos asociados e o réxime de financiamento, entre outros.